A Asociación Jaime Alvarellos créase no ano 2020 cos seguintes obxectivos:
Custodiar e dinamizar o legado sociocultural de Jaime Alvarellos e a súa familia.
Promover actividades culturais, en especial aquelas vencelladas ao mundo das letras e do libro e as artes visuais.
Facilitar o acceso á cultura aos sectores da poboación máis desfavorecidos así como a súa participación.
Promocionar a Cultura Galega no exterior e a innnovación e a sustentabilidade do sector cultural no País.

GardaBicos é a primeira iniciativa da Asociación
Poñer en valor a Cultura e o proceso creativo é importante.

Sr. A
"Jaime Alvarellos López deixou unha lembranza imperecedoira en Lalín e comarca e aínda en Galicia, polo seu recoñecido labor empresarial. Dos obradorios gráficos de Alvarellos saíron varios centos de libros e publicacións, os máis deles referentes aos distintos eidos da cultura de Galicia e de xeito especial na comarca de Deza".
Daniel González Alén
Alvarellos fúndase no ano 1939.
Back to Top